La Xunta destina 53 M€ para la incorporación de la juventud al campo y la mejora de sus explotaciones

La delegada territorial de la Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitó esta mañana en Moeche la explotación de un beneficiario de las ayudas dirigidas a agricultores jóvenes en la convocatoria anterior

La Xunta destina 53 M€ para la incorporación de la juventud al campo y la mejora de sus explotaciones

A Xunta destina 53 M€ para a incorporación da mocidade ao agro e a mellora das súas explotacións

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá en Moeche a explotación dun beneficiario das axudas dirixidas a agricultores mozos na convocatoria anterior.

A nova convocatoria destas axudas mantén aberto o prazo de solicitudes ata o 9 de abril.

Moeche (A Coruña), 24 de marzo de 2026. A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, xunto á directora territorial da consellería do Medio Rural, Nieves Mancebo, visitou esta mañá en Moeche a un beneficiario das axudas dirixidas ao establecemento de mozos no agro, promovidas pola Consellería do Medio Rural, na convocatoria anterior. Nesta última convocatoria, que deixou máis de 600.000 euros de achegas no ámbito da delegación, este gandeiro percibiu 30.000€ por incorporarse a unha explotación, neste caso, con orientación vacún de carne.

Aneiros lembrou durante a visita que a Xunta ten aberto ata o 9 de abril o prazo de presentación de solicitudes dunha nova convocatoria de axudas dirixidas aos plans de mellora en explotacións agrarias e á incorporación de mozos. Estas achegas, contan cun orzamento total de 53 millóns de euros, o máis alto dende 2018, e teñen como finalidade “fomentar a incorporación da mocidade e seguir avanzando na remuda xeracional ao medio rural galego, unha prioridade para a Xunta”, destacou a delegada. Neste sentido, poden solicitar axudas dun máximo de 250.000 euros para incorporarse ao agro e mellorar a súa explotación.

A delegada explicou que con esta convocatoria, non só se pretende favorecer a incorporación de novos solicitantes, senón tamén daquelas persoas que pediran a achega na anterior, apuntando que “estes mozos non terán que presentar unha nova solicitude, e os criterios contarán segundo a data de presentación orixinal”. Aneiros indicou que isto responde á necesidade de dar resposta á alta demanda rexistrada na convocatoria do 2025, na que se recibiron máis de 460 solicitudes.

A representante territorial aproveitou para recordar que estas achegas, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), están enmarcadas no Plan estratéxico da Política Agraria Común (Pepac) “co obxectivo de facilitar o inicio da actividade produtiva aos mozos entre 18 e 40 anos e tamén favorecer que poidan completar o seu investimento na explotación”.

Fuente: Xunta de Galicia
Link Original: https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/022777/xunta-destina-53-para-incorporacion-juventud-campo-mejora-sus-explotaciones?langId=es_ES